A Illa de Pascua é unha illa oceánica que pertence a Chile, famosa polas súas enormes estatuas de pedra coñecidas como moais. Fai parte da V Rexión de Valparaíso. En rapanui, o idioma local, é denominada Rapa Nui (illa grande), Te pito o te henúa (embigo do mundo) e Mata ki te ranxi (ollos fixos no ceo).
A Illa de Pascua é unha illa volcánica situada na Polinesia, ao sur do Oceánno Pacífico (27º 09' latitude Sur e 109º 27' lonxitude Oeste) e a 3.700 kn de distancia da costa leste de Chile, posuindo asi un clima subtropical. A súa orixe volcánica remete á fusión de tres volcáns. O mais antigo deles é o Poike, con 3 millóns de anos, seguido polo volcán Rano Raraku, de 2.5 millóns de anos e, por fin, o máis novo deles, chamado de Maunga Terevaka (de 12.000 a 10.000 anos). A illa ocupa unha área de 163 km cuadrados.
A illa sitúase sobre a Placa de Nazca, preto dunha micróplaca tectónica chamada "de Illa de Pascua" que se orixina na zona de diverxencia entre a de Naza e a Pacífica. Esta zona de diverxencia é a que produce un alto vulcanismo que, tras millóns de anos, deu orixe á illa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario